🔗 ⚙️

Carmela from Sereas by NEBRA

Tracklist
2.Carmela4:58
Lyrics

CARMELA

Onde vas Carmela?
Por alí xa non vai ninguén
Soíña non veñas
Por alí non chega ninguén

Non chega ninguén
Non vaias, nena

Nesa fraga hai tebras
non ten nin que anoitecer
Nesa escuridade
Nada bo pode acontecer

Pode acontecer
Non vaias nena

Lailalá

E marcha a Carmela
onde non regresa ninguén
Mellor que non fóra
dixen eu, é polo seu ben

É polo seu ben
Non vaias, nena

Eu levo a forcada
Eu son quen, heime defender
Eu non son mandada
Volverei antes do mencer

Antes do mencer
Non vaias, nena

Lailalá

Pois marchou Carmela
pode que non a volva ver
Se atopou a besta,
loitará ata falecer

Non se escoita un alma
Que pasou?
Eu xa non o sei
Vén alguén da fraga
Xa voltou
É unha muller


É unha muller
Voltou Carmela

Lailalá

Credits
from Sereas, released March 6, 2022
LicenseAll rights reserved.
Tags
Recommendations