Catastriño from PAVA 3 by PAVA
Tracklist
5. | Catastriño | 3:36 |
Lyrics
Estou buscando unha parcela no concello do teu corpo
estou buscando un sitio claro que nos libre deste afogo
estou buscando polas apps un fogar con ventás orientadas a onde estás
estou buscando unha estratexia que nos libre de quedar
co dolor, co rancor, sen amor, jo que horror (x2)
que escravo é sentirse ben
Estou buscando unha resposta entre os versos de Anne Carson
convencida da beleza terei que seguir buscando
ando intentando disparar e acertar na puntiña do rabiño da mazá
ando intentando definir a propiedade e o valor,
extensión, situación. Non dá o sol, jo, que horror (x4)
Estou buscando unha parcela no concello do teu corpo
estou buscando un sitio claro que nos libre deste afogo
estou buscando polas apps un fogar con ventás orientadas a onde estás
estou buscando unha estratexia que nos libre de quedar
co dolor, co rancor, sen amor, jo que horror (x4)
que escravo é sentirse ben (x3)
Credits
Melodía e letra: Lucía Aldao
Guitarra: Lucia Aldao
Harmónica: Roy Bbesito
Produce: Julián Goicoa
Masteriza: Álvaro Gallego