Zuna from Zuna by Traboute
Tracklist
4. | Zuna | 4:10 |
Lyrics
Escurece en min, non sei distinguir, tócame tecer, negro sobre gris
cada respirar, preme ata mancar, sobra alguén aquí, sobra
Déixame
Farteime de aturar
o vaso encheu demais
Zuna, zuna
Puidéchelo arranxar
agora é tarde xa
Zuna, zuna
Eu fun o compromiso que ti rachaches
eu vin con estes ollos e ti negaches
eu din a vida enteira por ti covarde
Canto che custaba darme unha resposta? non
Escurece en min, non sei distinguir, tócame tecer, negro sobre gris
cada respirar, preme ata mancar, sobra alguén aquí, sobra
Intoxiqueime coa rabia e calei
achegándome ó lume sen medo a perder
inda que fuxo non logro escapar
os recordos cravados seguen a queimar
Eu fun o compromiso que ti rachaches
eu vin con estes ollos e ti negaches
eu din a vida enteira por ti covarde
Canto che custaba darme unha resposta? non
Escurece en min, non sei distinguir, tócame tecer, negro sobre gris
cada respirar, preme ata mancar, sobra alguén aquí, sobra
Credits
Música e letra: Ramón Sánchez